«Ana estás aí? Son Aldara, a nena galega. Estás aí. Ana?» Aldara fixo unha amiga na Arxentina pola internet e quedou con ela para chatear ao día seguinte ás sete da tarde. Ana non apareceu. Que misterio! Pero hai unha explicación, todo ten que ver con que a Terra é redonda. Se aínda non o entendes, vas ter que ler esta aventura de Aldara. [Presentación editorial]