Puntuación: 1.7/5 (44 votos)
Dúas baleas nadaban nun mar xeado. A máis pequena lacazaneaba. Non quería facer unha viaxe que con toda seguridade sería tonga.
A máis grande empurrábaa suavemente e cantáballe unha historia:
«Hai anos, cando os homes comezaron a construir barcos de corazón mecánico, un día crearon o primeiro para protexer a nasa especie...»
En 1978 un barco coas cores do arco da vella comezou a sucar os mares e océanos do planeta para denunciar ante a humanidade a caza indiscriminada de baleas e focas, a contaminación provocada polos residuos tóxicos e radiactivos, as explotacións petrolíferas e de gas, o uso de redes mortíferas para especies mariñas indefensa...
Algúns países foron sensibles a esas protestas e aprobaron leis que contribuiron a que o mundo fora máis habitable. Pasaron 21 anos dende que aquel primeiro Rainbow Warrior foi afundido no fondo das augas e convertido en arrecife artificial. Pero a súa réplica actual mantén a súa causa tan vixente como o primeiro día.
A autora e ilustradora Rocío Martínez ideou este libro a partir da recreación dunha escena familiar: o ecoloxista Alberto de la Fuente Galeano contáballe á súa filia a historia do buque, que debe o seu nome a unha profecía dos indios Cree: "Chegará un tempo no que os paxaros caerán do ceo, os animais dos bosques morrerán, o mar ennegrecerá e os ríos correrán envelenados. Nese tempo, homes de todas a razas e poblos uniranse como guerreiros do arco da vella para loitar contra a destrucción da Terra".
Greenpeace aprobou a realización da obra e certificou que cumpre cos requisitos do proxecto "Libro Amigo dos Bosques", porque na súa elaboración utilizouse papel fabricado a partir de madeira procedente de piantacións ambientalmente sostibles.
Dende o punto de vista estético, Rocío Martínez amosa con este traballo unha evolución cualitativa na súa traxectoria artística, con imaxes de moita plasticidade, cun manexo elegante da cor e unha gran delicadeza de trazos.
[Presentación editorial]