Puntuación: 2.1/5 (41 votos)
O que se fai nesta obra, de forma documentada e recorrendo ás opinións de expertos e prestixiosos analistas, é dar conta dunha serie de claves para mellor entendernos a política internacional que impera nos nosos días: a ánsia norteamericana por invadir Afganistán, primeiro, e Iraq, despois; o papel dos países do Oriente Próximo; a posición de superpotencias coma China ou Rusia e a actuación desta en Chechenia; o futuro da antiga Iugoslavia... son só algúns dos temas aquí tratados.
Como o propio autor deste volume afirma, "non só se trata de que a política de Bush fixo ao respecto -e a dos seus antecesores na presidencia- sexa profundamente inmoral: é que, ademais, parece pouco intelixente, na medida en que xera os lóxicos agravios no conxunto das opinións públicas, e en moitos casos entre os gobernantes, nun amplísimo arco de crise que discorre desde Marrocos até Filipinas. Non vaia ser que Estados Unidos satisfaga os seus obxectivos, vía represión, en Palestina ou Afganistán a custa de desestabilizar países máis importantes como Exipto, Arabia Saudí, Paquistán ou Indonesia. A abrasiva política de Washington en relación con Iraq [...] parece chamada a ter, polo demais, efectos parecidos".
[contracapa do libro]