Este libro fíxose en conmemoración do X aniversario da morte de Moncho Valcarce. Moncho Valcarce -e algún máis- primeiramente asumiu a súa condición de galego e logo a de crego como é natural. E obrou en consecuencia. Este é o segredo da súa grandeza e mesmo da súa eficacia pastoral. Por iso o lembramos hoxe e sempre. Tamén, por esta mesma razón, converteuse nunha figura de primeira orde da auténtica Historia de Galiza desta segunda metade do século XX, sendo o seu labor un alicerce firme e claro para construír o noso futuro de pobo normal e normalizado. O seu exemplo márcanos, anós e ás futuras xeracións, o camiño a seguir para acadar dunha vez e por todas a nosa diginidade colectiva. Poñamos, sen un desmaio, mans á obra ata facer realidade o seu proxecto político e social. Venceremos xa que a verdade e a razón están da nosa banda. [Manuel María:contracapa do libro]