«Vós, que gozades da sombra ademais de gozar da luz, que estades dotados de dous ollos, tedes un coñecemento da perspectiva e o privilexio de gozar de diversas cores... vós podedes ver realmente un ángulo e contemplar a circunferencia completa dun círculo na feliz rexión das tres dimensións»
"Planilandia, unha novela de moitas dimensións" é o libro ideal para se iniciar nos rudimentos da xeometría dimensional, mais tamén é unha sátira dos valores sociais, morais e relixiosos da Inglaterra vitoriana. Cun estilo lóxico e moi áxil, Abbot conta as aventuras e desventuras dun Cadrado que vive en Planilandia (un mundo de dúas dimensións) e ten a fortuna (ou a desgraza) de chegar a coñecer o mundo das tres dimensións.
[Contracapa do libro]