Esta é unha biografía do que é homenaxeado este ano coa festividade das Letras Galegas. É unha achega feita desde o coñecemento da vida e da obra e tamén desde a admiración do autor deste traballo, que o coñeceu na súa faceta de estudioso da nosa etnoloxía, canalizada a través de institucións como, por exemplo, o Museo do Pobo Galego. Xaquín Lorenzo Fernández fixo sempre gala dunha curiosidade intelectual multidisciplinar pero foi ante todo un investigador incansable da nosa Etnografía e Arqueoloxía, e xa aparece sempre asociado a proxectos como a Historia de Galiza dirixida por Otero Pedrayo, para a que elabora o vol. II, titulado “Etnografía. Cultura material”. [presentación editorial]