Puntuación: 1.9/5 (50 votos)
"Tras a morte do seu neno, o Señor M. abandonou todo. Só gardou un osiño de la, e unha cadeira para viaxar. Na estación, o Señor M. mercou
un billete, só de ida, para calquera sitio. Viaxaba sentado sobre o último vagón."
A ausencia, a dolor da perda, a soidade... sentimentos que transmite a figura do Señor M. e que trata de mitigar facendo unha errática viaxe polo mundo; unha viaxe que lle vai descubrindo a importancia das pequenas causas: un sorriso, un solpor... Pero nesa viaxe, que se pode interpretar igualmente como unha viaxe interior, descobre ademais o sufrimento alleo que padecen as vítimas inocentes da guerra e da destrucción. Un libro que transmite melancolía, mais tamén esperanza.
As ilustracións envolven de dozura o relato, con cores suaves e trazos esquemáticos, pouco definidos. En conxunto, resulta un libro que transmite delicadeza polo seu tratamento do fenómeno da morte e do dó, que refleflicte estados de ánimo humanos e llos transmite ao público infantil con naturalidade. Non falta o toque poético das imaxes, expresivas e cheas de vida.
[Presentación editorial]