Puntuación: 1.9/5 (60 votos)
"Había unha vez un señor con traxe de ralas ao que lle cadrou pasar por unha froitaría. «Que ben me saberla unha mazá moi celmosa» pensou o señor, e entrou na tenda.
O froiteiro pensou que o señor sería fácil de enganar, e sacou unha mazá de plástico..."
O azar sorpréndenos a cada momento, como aos protagonistas deste trepidante relato: o froiteiro pasa de burlador a burlado e o home do traxe a raias atopa recompensa á súa inxenuidade. Cunha sinxeia mazá vermella como fío conductor, este álbum invita o lector a realizar un animado percorrido polos recunchos dunha cidade, atrapado nunha serie de circunstancias casuais e encadenadas entre sí, cada cal máis insólita.
A maza que golpea a unha anciá, que á súa vez culpa a un neno, ao que case atropela un coche, que acaba empotrado contra un valado, ao que accede un descoñecido para coller sen permiso a verdadeira maza do froiteiro... E moitas máis aventuras. A casualidade é caprichosa, como proba esta historia de Jan Lööf, quen a creara inicialmente con formato de cómic.
Abundan os golpes de enxeño, tanto dende o punto de vista estético como literario. Cun ritmo áxii e recursos narrativos aparentemente sinxelos, o autor presenta unha obra chea de emoción e sucesos, incidentes e confusións, ao máis puro estilo das películas cómicas de antano.
[Presentación editorial]