Pasaron tres anos des que Alexandre enterrou nun buraco o seu caderno de apuntamentos importantes e nunca máis se acordou del. Xa é mala sorte que sexa precisamente o día do seu aniversario, e despois dunha boa lea con María Petunia, cando toda a banda saiba da existencia do seu caderno secreto. Que é o que sabe Alexandre? [Presentación editorial]