A protagonista desta historia, Annemarie, unha nena danesa de dez anos, fálanos da importancia da amizade e da capacidade de sacrificio dos seres humanos ante o perigo e a necesidade de supervivencia. Máis aló dos prexuízos cos que o exército alemán invadira e pretendía controlar Dinamarca, do seu afán de exterminar as razas e manipular o pobo xudeu durante a ocupación, Annemarie e a súa familia son un exemplo de solidariedade e valentía. [Contracapa do Libro]