Aos seus doce anos, Roxelio non é un neno feliz. Non sofre as dentadas da fame nin as escasezas da posguerra, como ocorre en tantas casas da vila, aínda que lle custa aturar a fame de cariño e o peso dun segredo que non coñece pero que intúe. Será no cemiterio, o lugar dos mortos, onde descubrirá a alegría de vivir. Unha novela que fala da guerra e da posguerra, das feridas que o rancor non deixa cerrar e da forza do amor que acaba superando os obstáculos. [Contracapa do libro]