Na escola de Bruno hai nenas e nenos de todas partes e de moitas cores. Lévanse ben, mais ás veces xorden problemas que cómpre resolver con tino, e mesmo hai quen se namora e precisa axuda. Por iso bruno decidiu abrir unha oficina para aconsellar, ata que se decatou de que el tamén precisaba consellos. [Contracapa do libro]