Tío Miseria é o resultado en formato libro do espectáculo de monicreques, feitos con útiles de cociña, que percorre terras de Galiza e Portugal representado pola compañía Fantoches Baj, dirixida polo lalinense Inacio Vilariño, cun texto adaptado dun conto popular. As fotografías que ilustran o relato representan unha novidade dentro da colección «Xiz de Cor», e mostran os distintos personaxes que contan a historia de forma simpática e moi orixinal.
Tío Miseria, o ferreiro da vila, pacta co ceo e o inferno dous desexos que, ao final, o converten no vagabundo que percorre todos os recunchos do mundo. [Presentación editorial]