Puntuación: 2.4/5 (39 votos)
O señor Manolo ergueuse, como todos os días;
lavou a cara, vestiuse... e ao saír á rúa...
Caeulle unha princesa na cabeza! E é que hai días nos que as leis da natureza non funcionan: hai días nos que o amor cae do ceo.
Lirismo, ironía e normalidade absoluta, para marcar, con gran sentido do humor, un acento revisionista sobre o tópico da princesa dos contos tradicionais, que coñece ao príncipe e se namora para toda a vida, e falar, finalmente, de valores e sentimentos humanos, descubrir o valor da convivencia entre diferentes -e ao mesmo tempo iguais.
A ilustradora croata Maja Celija, que se presenta por primeira vez ao público galego, achéganos un estilo expresionista e contundente, cun marcado sentido do humor, llustracións cunha gran forza expresiva que reflicten e enriquecen o carácter irónico e humorístico do texto de Raquel Saiz.
[Presentación editorial]