Puntuación: 1.9/5 (44 votos)
Desde que o coñeceu, Esquío non o podía quitar da cabeza. Cando pensaba nel, escurecíaselle a vista, íaselle a voz, o estómago poñíaselle como unha pedra, e é que... esquío estaba namorada! O seu segredo percorreu todos os recunchos do bosque. Moitos opinaban que era unha tolería, pero cando chegou o outono...
Javier Sobrino preséntanos unha entrañable e asombrosa historia de amor na que se insinúa que as diferenzas non constitúen unha dificultade para as relacións. Utilizando os animáis do bosque como recurso para conectar co lector máis novo, "Un segredo do bosque" utiliza unha linguaxe universal, a do afecto, para falarlle aos máis pequenos do amor e de como asumir os sentimentos.
Elena Odriozola, galardoada por "A princesa que bocexaba a todas horas" co 2° Premio ao Libro Mellor Ilustrado, ofrécenos unha nova mostra dun estilo de ilustración de gran poder evocador, sutil e delicado que conecta á perfección coa poética do texto. Un álbum sen idade para falar e falarnos de amor.
[Presentación editorial]