Puntuación: 1.8/5 (56 votos)
Unha mañá do mes de maio de hai moitos anos entrou por debaixo da porta un airiño que arrecendía a rosas. O aire viña cantando e traía no colo unha nena que acababa de nacer, a filia de María Luisa e o seu home, Xosé María, o escritor do Día das Letras de 2008. Aos pais fixéronlles moita graza as tres cores da cara da neniña: o cabelo louro, os ollos moi azuis, as fazulas vermellas. Por iso Ile puxeron de nome Colorín. E Xosé María escribiu unha serie de poemas para ela, que OQO Editora vén de publicar nunha edición moi especial, con ilustracións da filla do poeta, a artista Berta Cáccamo.
O QUE BEN CHE QUER consta dunha parte de poemas que Álvarez Blázquez incluíu no libro titulado ROSEIRA DO TEU MENCER, xunto con outras composicións que o autor escribira para a súa filia Colorín e que permaneceron inéditas.
Con este volume, Berta Cáccamo homenaxea, a través do seu imaxinario plástico, o traballo poético do seu pai, con creacións en acuarela, abstraccións en trazos delicados. A artista viguesa xoga coas cores do seu pincel en consonancia coas cores das verbas poéticas e ofrécenos neste volume unha obra depurada e suxestiva, sinxela pero de gran forza expresiva.
O poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, fillo tamén do autor das Letras Galegas 2008, agasállanos cun prólogo que nos introduce no universo poético de rimas e xogos, que celebran o nacemento da vida.
[Presentación editorial]