Esta edición de "A cidade e os días" rescata para a lingua galega o calendario histórico de Vigo, desenvolto ao longo de 1959 nas páxinas de Faro de Vigo e publicado, logo, en formato de libro por Ediciones Monterrey en 1960. Unha obra monumental, na que Xosé María ofrece un impresionante fresco histórico de Vigo, desde o burgo de pescadores da
Idade Media que foi, pasando polo carácter de porto corsario que abrigou no século XVIII, ao empuxe da abella ribeira que a convertiu na cidade portuaria e industrial de hoxe. [Presentación editorial]