Este libro recolle unha selección de catro obriñas de teatro escritas e levadas a escena polo seu creador, o escritor e mestre Cipriano Fernández. Resulta unha opción moi adecuada para poder achegar o xénero dramático ós nenos de infantil e de primaria, mesmo como escolla para que sexan eles mesmos os que as representen. Os contidos e as temáticas, ademais, teñen como eixes diversos valores educativos. O limiar é de Segundo Durán “Chiki” e contén variadas ilustracións de David Ferrando. [Presentación editorial]