O gran contributo de Ánxel Casal á Galicia do século XX estivo no campo da industria cultural, no seu intento de dotar Galicia, coa lingua galega como vehículo de comunicación, dunha estrutura editorial estable. Isto foi así tanto na edición propiamente dita de textos fundamentais para a cultura galega moderna, como na presentación estética desas obras, de acordo coas tendencias máis comúns da edición europea do momento. Neste catálogo móstranse por primeira vez os rexistros bibliográficos e as cubertas de case todas as publicacións que Casal editou e imprimiu, primeiro na editorial Lar, xunto con Leandro Carré Alvarellos, e logo, xa en solitario, na editorial Nós. [Presentación editorial]