Puntuación: 1.8/5 (51 votos)
"O avó da miña nai, é dicir, o meu bisavó,
foi un gran xefe indio. Era baixiño, tiña a pel de cor marrón e os ollos en forma de arnéndoa. Pero o bisavó non levaba plumas, gastaba chapeu e caxato. Era un home moi elegante.
O bisavó sempre quixo cruzar o mar
e ver o que había do outro lado do océano..."
Historia tenra e poética, mesmo cunha chiscadela de romanticismo, na que Marta Farias nos fala dunha viaxe que, en realidade, son varias: unha viaxe frustrada, unha viaxe realizada e, no fondo, unha viaxe polas raíces da xenealoxía dunha familia.
O avó da protagonista sempre soñara con cruzar o mar para coñecer os lugares e a xente que vivía ao outro lado. Nunca se presentaba a ocasión para emprender a ansiada aventura: os caprichos do venta, un temporal pasaxeiro e outros inconvintes adiaban a viaxe. O máis importante deses aprazamentos foi o nacemento da súa filia. Co paso do tempo deixou de sentirse un mozo intrépido para afrontar a travesía...
O océano xoga un papel moi destacado nesta obra, como eixe sobre o que xira a vida dos membros desta familia: para uns como fronteira e ilusión, para outros como herdanza emocional e ponte cara a novas oportunidades...
Cruzar o "charco" dá pé logo a sentimentos como a saudade e a morriña do fogar e dos seres queridos. O vento que Ile traía ao bisavó os arrecendos e as cores do que había ao outro lado do horizonte, era tamén o que co tempo Ile levaría á súa neta os ecos do seu país de orixe.
Unha historia sobre a mestizaxe, as lembranzas, as ilusións e os soños, cumpridos e incumpridos. Unha viaxe de ida... e volta.
En canto á proposta visual, chea de cores vivas e alegres, Aitana Carrasco combina acrílicos, acuarelas, lápices, transferencias de gravados antigos e barnices cos que logra un ambiente onírico. A horizontalidade das ilustracións reforza o paso do tempo e abundan os elementos simbólicos: barcos, cometas, animais... A introdución de cadros e fiestras suxire unha sorte de metahistorias que enriquecen a obra, na que a figura da bisavoa non queda ausente.
[Presentación editorial]