A maioría dos átomos do teu corpo cráronse no corazón das supernovas, as explosións coas que rematan a súa vida moitas estrelas. De ahí vimos todos: somos, literalmente, po de estrelas.
Comprender o mundo que nos rodea é un excelente elixir mental contra a credulidade e o fanatismo. A ciencia moderna é, ademais, unha ferramenta sólida, útil, gratificante e divertida: achéganos ideas e teorías sorpredentes sobre a natureza dos Cosmos que orixinou a vida no planeta Terra. Este libro é unha invitación para gozar deste espectáculo cotián da man de Xurxo Mariño, coas ilustracións humorísiticas de Santy Gutiérrez e as infografías de Manuela Mariño. [Presentación editorial]