Puntuación: 1.6/5 (63 votos)
Wotan, o Demo Negro ou Señor do Inframundo, tiña ollos de lume, o corpo invisíbel ás miradas e unha negrume inescrutábel ocupaba o baleiro que ía deixando. Nas noites de invernía saía de caza, dacabalo, coa compaña dos seus cadelos diabólicos, zugadores de sangue, que perseguían e degoaban canto atopaban. Mais, foi Ricardo Ferreiro, o rapazolo da aldea de Marselle que salvou o pelello por dúas veces, quen foi designado para ser o elixido. Cando regresou ao País do Vento, despois do seu longo exilio na Illa de Dona Escura do Mar Tenebroso, conseguiu cos poderes e artes alí adquiridos acabar con Wotan e pór fin a súa tiranía, que asolaba vilas e aldeas, aínda a custa de pagar un prezo altísimo por semellante afouteza.
Novela de terror, misterio, bruxaría e fantasía, enfiada coa prosa primorosa das narracións populares dos vellos violinistas, Cazaría salvaxe non deixa alento ao lector até a súa derradeira páxina.
[Presentación editorial]