Unha aldea galega, Liciaga, na que vive o señor Paco, un avó de 84 anos e antigo mestre de escola, vai sufrir as consecuencias dun incendio forestal de enormes magnitudes, situación que lle permitirá transmitir ao seu neto Francisquiño a lenda da Ave Fénix, convertida agora nun xigantesco cabalo de lume que todo arrasa, e a lección da irresponsabilidade dalgúns seres humanos con respecto á natureza. [Presentación editorial]