Con Alfombriña, obra ilustrada pola súa propia autora de forma moi orixinal, Cristina Ferreirós móstranos unha historia na que á súa protagonista non lle gusta que lle digan o que ten que facer, ela quere decidir por ela mesma, acompañada dun CD-ROM con xogos educativos.
Alfombriña é a terceira entrega da colección «Contos da igualdade», cos que Baía Edicións, a través de relatos orixinais e ilustrados a toda cor, pretende romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenas e nenos, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. Anteriormente apareceron: Un día de treboada, de María Mata, e Xela volveuse vampira!!, de Fina Casalderrey, que incluía un DVD coa montaxe de sesións de contacontos que facían máis divertido o achegamento ao contido do conto. [Presentación editorial]