1918. Últimas boqueadas da I Guerra Mundial. Un mozo bretón, Morís Nil, chega neses días a
unha vila da Costa da Morte fuxindo do conflito. Alí se agocha o submarino alemán U-49, á
espreita dos mercantes ingleses. Mentres en Europa morren milleiros de mozos coma el nos
campos de batalla, Morís vivirá, na súa nova terra, aventuras que non imaxinaba e tentará
descubrir a misión que ocupa ao seu tío, ao capitán do submarino e aos espías alemáns e
ingleses despregados pola zona. Unha misión na que se xoga parte do futuro da guerra e de
Europa. [Contracapa do libro]