Unha moza de 15 anos ten problemas de entendemento co pai, desconfiado e machista. Para que
non se vexa con Carlos, o mozo que lle gusta, envíaa a un campamento de verán en Sanabria. Os
episodios vividos alí non darán para mudar a cor da súa vida, mais si para se desapegar un
chisco da tristeza que lle provocan os conflitos domésticos e para abrirlle unha porta á
esperanza. [Presentación editorial]