Diálogo de dúas voces en contraste, Vento de sal parte da procura da memoria íntima para se achegar, desde os instantes fundacionais do tempo pasado, ao presente dos acontecementos históricos colectivos.
Xosé María Álvarez Cáccamo realiza o tránsito entre os textos de verbalización elíptica e crebada, en suxestión de ámbitos oníricos, e unha modulación de vontade épica, de proxección social e de denuncia. Unha nova inflexión da súa poética, que constata agora a imposibilidade de trazar a paisaxe da permanencia, co perenne contrapunto da transcendencia outorgada polos outros. [Presentación editorial]