Kalafate é unha colección de clásicos universais adaptados por profesores e escritores de prestixio. Seguindo os principios da Lectura Fácil en canto ao nivel lingüístico e á disposición tipográfica, Kalafate permite gozar da literatura sen dificultades e aproveitar como inesgotables de aprendizaxe, emoción, diversión e coñecemento.
A Pantasma de Canterville, obra adaptada ao cine en varias ocasións, é unha das máis lidas de Oscar Wilde. Narra a historia dunha pantasma que ve como o seu poder sobre os vivos esfúmase cando se instala na súa casa unha familia de norteamericanos nada supersticiosos. No fondo a novela formula unha crítica á sociedade inglesa do século XIX, constrinxida por crenzas moi antigas, e tamén á sociedade norteamericana, que é nova e -segundo o autor- non cre en gran cousa, agás no éxito e nos cartos. [Presentación editorial]