Kalafate é unha colección de clásicos universais adaptados por profesores e escritores de prestixio. Seguindo os principios da Lectura Fácil en canto ao nivel lingüístico e á disposición tipográfica, Kalafate permite gozar da literatura sen dificultades e aproveitar como inesgotables de aprendizaxe, emoción, diversión e coñecemento.
Robinson Crusoe é unha das máis coñecidas novelas de aventuras. Conta a historia dun home que naufragou preto dunha illa deserta e pasou nela máis de vintecinco anos. O protagonista ten que comezar a vivir prácticamente dende cero, enfrontándose aos desafíos da vida salvaxe e á terrible carga da soidade. Polo que parece Defoe inspirouse nun caso real: a historia do mariñeiro escocés Alexander Selkirk, que foi abandoado nunha illa preto da costa de Chile (que hoxe chámase Illa Robinson) e logrou sobrevivir durante cinco anos ata que foi rescatado. [Presentación editorial]