Kalafate é unha colección de clásicos universais adaptados por profesores e escritores de prestixio. Seguindo os principios da Lectura Fácil en canto ao nivel lingüístico e á disposición tipográfica, Kalafate permite gozar da literatura sen dificultades e aproveitar como inesgotables de aprendizaxe, emoción, diversión e coñecemento.
A volta ao mundo en 80 días narra as aventuras do cabaleiro inglés Phileas Fogg, que acompañado do seu criado Picaporte, quere demostrar á sociedade da súa época (1872) que é posible percorrer a superficie da Terra en só 80 días. Durante a viaxe, non soamente ten que loitar contra todo tipo de obstáculos (accidentes xeolóxicos e xográficos, dificultades culturais e de locomoción...) senón que ten que vérseas cun inspector de policía que confunde a Phileas Fogg cun ladrón, e sobre todo, deben loitar contra o paso das horas.