Puntuación: 2.3/5 (59 votos)
Algo co que intento sempre limpar a miña conciencia, e
xa resulta un tanto recorrente, é identificar a posteriori a miña obra cun espacio e un tempo. Neste senso, eu continúo cunha idea atemporal que me marca enormemente e
case dun xeito obsesivo.
Referente á miña obra, trátase dun traballo eminentemente sexual, fala sobre relacións interpersoais e aínda que sexa rigorosamente falso, gústame denominalo un traballo proletario.
Dende sempre, e isto non pretende mais que expresar
unha motivación para narrar historias sobre sexo, a única vía de escape fronte ao mundo que tivo o proletario foi o sexo. O sistema imperante conqueriu, despois de moito esforzo, eliminar do proletario o seu sentimento de pertenza
á clase, co fin de fomentar o individualismo; deste xeito, eliminou tamén a súa única saída cara un alivio efémero, o sexo. A moral fixo tamén o seu traballo, e a combinación de ambos forxou o mundo desequilibrado no que vivimos, sen ideais e sen erotismo.
Coas mans abertas cara unha nova visión do mundo, se cadra caendo na irresistible presencia do imperfecto, presento hoxe a ameaza que nos impide falar de nós mesmos.
[proemio do autor]Premio Narrativas Quentes 2003