A filla do carboeiro era coñecida pola súa intelixencia. O príncipe, atraído polo seu inxenio, rétaa nun xogo intelectual que acabará por marcar o destino das súas vidas…
Reconstruído a partir dunha versión oral do Maghreb, este conto, de carácter híbrido, coñece una extraordinaria difusión lingüística e cultural; podemos atopar variantes deste relato en lugares de Europa como Finlandia, baixo o título de Os ovos duros, ou a recollida de Afanasiev en Rusia, baixo o título da A moza lista.
A clave do conto está no reto intelectual, no xogo de preguntas e respostas, na capacidade de desenvolver con inxenio e astucia as tarefas imposibles até espertar a sensibilidade e abrandar o corazón dun ser inxusto e caprichoso. As situación, as adiviñas impostas polo rei ou polo zar, varían dun país a outro, sendo común no desenlace o triunfo da sabedoría e a reconciliación; neste caso pártese dunha versión oral magrebí; os pobos bereberes de kabylia teñen contado a historia da filla do carboeiro a moitas xeracións porque o amor é un dos temas esenciais da literatura oral destas tribus nómadas.
A ilustradora portuguesa Teresa Lima, que se presenta con esta proposta no mercado español, ofrécenos un traballo minucioso, de trazo delicado e gran sensibilidade.
[Presentación editorial]