"A cultura do pan", de Xosé Lois Ripalda, é a crónica etnográfica e divulgativa dunha das nosas máis identificables tradicións, concibida xa desde o salientable lugar que os cereais ocuparon na nosa historia alimentaria, dada a súa prolongada conservación e á súa doada comercialización. O autor repasa unha a unha todas as cuestións ligadas a esa tradición que deu lugar a pans de tanta sona coma os do Porriño ou os de Cea, e orixinou topónimos como Terras do Pan. Desde o cultivo do trigo, o millo e o centeo até súas labouras; desde a tradición oral até os elementos etnográficos vencellados ao pan, coma os muíños; desde a lareira até o amasado; desde o forno e as enfornadas, aos pans de sona no país, sen esquecer a aplicación medicinal dos cereais e as receitas, "A cultura do pan", de Xosé Lois Ripalda, constitúe unha homenaxe ao peso desa tradición en Galicia. [Presentación editorial]