A figura de Manuel Daniel Varela Buxán (1909-1986) é a dun dramaturgo galego de obra prolífica que cumpría revisitar a través dunha edición coma a presente. Ofrécense así senllas pezas clave na súa bibliografía: Se o sei... non volvo á casa e mais Taberna sin dono, acompañadas dun estudo crítico e contextualizador, preparado por Xosé Luna Sanmartín, e enriquecidas coa inclusión de abondoso material fotográfico e documental. Co presente traballo preténdese facilitar a accesibilidade aos traballos teatrais de Varela Buxán ao tempo que se lle quere tributar un necesario recoñecemento a ese labor calado, intenso e fundamental que realizou polo noso teatro, tanto na emigración arxentina coma en Galicia.
[Presentación editorial]