Puntuación: 2.1/5 (42 votos)
Había unha vez un país chamado Galicia, que tiña
unha pequena cidade como de xoguete. Esta cidade chamábase Compostela. Todos os anos, polo mes de xullo, o Parque da Alameda enchíase de carruseis durante a semana das festas grandes
do patrón, o Apóstolo Santiago.
Sar e Sarela son dous gatos que Iles deben os seus nomes aos ríos que cruzan Santiago. A súa aventura transcorre polo centro histórico, onde descobren uns seres de pedra de aspecto terrible, as gárgolas, que os sorprenden nos tellados dos edificios de máis raigame. As ilustracións, cheas de colorido, ofrecen unha peculiar visión da paisaxe e dos tópicos de Santiago, onde a chuvia é arte...
Este inusual percorrido literario levará ao lector por lugares emblemáticos como a Praza da Quintana, San Paio de Antealtares, a Igrexa de San Martiño Pinario ou o Hostal dos Reis Católicos, invitándolle a fixarse neses peculiares elementos arquitectónicos cos que antano se canalizaba a auga da chuvia. Os autores deste álbum -editado en colaboración co Consorcio de Santiago de Compostela- danlle vida ás gárgolas para que saian do esquecemento e ocupen un lugar preferente na imaxe da cidade e no imaxinario dos máis cativos.
[Presentación editorial]