Puntuación: 2.3/5 (67 votos)
-Mara é unha orelluda!
-Mamá, ti cres que son unha orelluda?
-Non filla, tes orellas de bolboreta.
-E como son as orellas de bolboreta?
-Pois son orellas que revoan na cabeza e pintan de cores as cousas feas.
Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho... Ata a característica roáis nimia pode ser motivo de parodia entre uns nenos e outros. Por iso cómpre un libro que lles demostre a todos, tanto aos que dan como aos que reciben algún comentario despectivo, que eses comportamentos son reprobables.
E especialmente aos que son sinalados polos demais, a mensaxe que lles transmite este relato é que convidan en positivo aquilo que para outros sexa motivo de mofa. Porque as características que nos diferencian dos demais hai que poñelas en valor para que nos distingan como seres especiais e únicos. Porque recoñecer e mesmo reivindicar a diferenza fainos fortes, aceptándonos como somos e reforzando a nosa personalidade. É o primeiro paso para aprender a rir dun mesmo...
Luisa Aguilar amosa unha gran sensibilidade neste texto sinxelo e cheo de forza literaria, que transporta o lector a un mundo de formas, cores, emocións e sentimentos. A figura materna destaca como referente vital da protagonista, que contesta a cada comentario dos nenos seguindo as indicacións da súa nai: o que para outros é un defecto, para Mara é unha vantaxe da que os demais carecen.
[Presentación editorial]