Na Pontevedra das primeiras décadas do século XX salientou a figura de Ramiro Paz Carbajal, un socialista curtido nas lides societarias que contribuiu a engrandecer a organización obreira local. Na súa curta vida desenvolveu unha intensa e frutífera actividade en prol da xustiza, da liberdade, da igualdade, da mellora das condicións de vida dos traballadores. A autoridade moral que lle conferiu a dedicación a estas causas nos medios obreiros e socialistas, púxose de manifesto nos numerosos cargos que desempeñou, a nivel sindical e político, e na dirección de tres semanarios obreiro-socialistas. [presentación editorial]