Nesta obra reúnese unha selección de traballos tendentes a clarificar as condicións da emerxencia da lingua galega nos textos escritos na Idade Media. Os enfoques son interdisciplinares, pois fanse non só desde a lingüística, senón tamén desde outras órbitas necesarias, como a historia, a paleografía e as condicións culturais. Ademais, están enmarcados no contexto da Península Ibérica, polo que se ten en conta tamén a situación dos outros romances peninsulares, pois o ocorrido en Galicia non foi un feito illado, senón que tivo as súas raíces no seu contorno europeo. A panorámica global vese completada por estudos particulares sobre diversos aspectos da situación galega. [Contracapa do libro]