Puntuación: 2.1/5 (61 votos)
“Un gato perseguido por un can sube a unha árbore mol alta e non é quen de baixar. Os que pasan ao carón da árbore soben coa intención de axudar; pero a cousa vaise complicando cada vez máis e a solidariedade de bombeiros, veciños e familiares acaba sendo un problema para a árbore, que xa non pode con tanto peso...”
O conto desenvólvese a en escenarios cotiáns, mesturando o real con lo fantástico, y dándolle un aire de credibilidade a sucesos que poderían parecer inverosímiles.
Finalmente, todo se resolve coa intervención da natureza que. de modo simple e “moi natural", leva esta historia a un final feliz.
Un conto con moito humor e interese que emprega os recursos esenciais da oralidade— apréciase o oficio do autor, contacontos-, que mira aos pequenos detalles da vida e esperta o interese pola lectura e cola experiencia literaria.
Desde o punto de vista semántico, a historia presenta acumulativos usados en forma lúdica e moi expresiva e ofrece posibilidades para a dramatización e a
experimentación co feito literario.
O narrador tamén fai chamadas ao lector, dándolle información que, en clave cómica, axuda a comprender o relato e marca unha pausa nunha historia estimulante e atractiva que se desenvolve a un ritmo trepidante.
A ilustradora francesa Geraldine Aliebu preséntanos unha orixinal e eficaz maneira de tratar a horizontalidade e a verticalidade dos espazos, aproveitado ac máximo a dobre páxina do álbum. Presenta os fondos planos, con moi poucos elementos, para remarcar a atención sobre os personaxes e o que a estes Iles acontece. Geraldine Alibeu traballa combinado pintura e colaxe e xoga cunha paleta de colores moi matizada, lonxe das cores primarias.
[Presentación editorial]