Puntuación: 2.8/5 (9 votos)
“Aquel neno pasaba as horas subido nunha gran árbore. A nai berráballe desde a venta: Es un galopín! E isto, todos os días de todos os meses do ano, tanto e tan seguido que o neno esqueceu o seu verdadeiro nome. Mais un día estraño de maio, o galopín atopou na copa da árbore un pequeno ovo de paxaro...”
No ámbito da identidade o nome ten relación coas preguntas: quen son?, quen somos? A ausencia de nome, como Ile acontece ao protagonista desta historia, supón un cambio na identidade, ser asumido só por un adxectivo negativo, polo que os demais pensaban del.
O galopín está a ser sempre recriminado e só descubre o afecto cando observa o amor con que as demais nais tratan aos seus fillos. Nese intre, o galopín recoñece un afecto que nunca tivo como unha necesidade primaria, imprescindible para a supervivencia.
Como Cósimo, o barón rampante de Italo Calvino, o protagonista desta historia toma desde as alturas certa distancia cun mundo que non comparte; unha distancia que Ile proporciona liberdade e unha nova perspectiva do mundo, das persoas e dos acontecementos desde a que reconstruírse el mesmo.
Un libro sen idade, que aporta material para a reflexión sobre a importancia do afecto e axuda a ver detalles que poden pasar inadvertidos pero que en realidade conforman a personalidade dun individuo.
Esta é a primeira obra que a recoñecida ilustradora alemá Susanne Jansen edíta no Estado español, Xogando co bicromatismo de negros e vermellos, Susanne Jansen preséntanos un imaxinario narrativo moi particular, con escorzos e perspectivas imposíbeis. Traballa con detalle a psicoloxía dos personaxes, combinando a dureza e a dozura nos rostros dos mesmos, onde as miradas teñen unha especial importancia. Sen dúbida un traballo plástico de grande impacto e forza expresiva, que non deixa a ningún espectador.
[Presentación editorial]