Puntuación: 1.9/5 (40 votos)
“Rato quería correr mundo.
Día tras día escondido na tobeira,
día tras día fuxindo dos gatos da casa,
día tras día corre que te corre por unha migalla de pan seco…
Aquilo no era vida! “
Ollobrusco é un álbum ilustrado no que se fusionan dúas tradicións da cuentística popular mediterránea: a excursión aventureira que bordea o desastre (pero termina ben) e o encontro co ciclope. Está escrito para prelectores e primeiros lectores, pero sen renunciar por iso a unha mínima riqueza de vocabulario nin a xogar con algunhas imaxes, de modo que, por exemplo, os protagonistas saltan, corren e navegan por unha serie de mares fantásticos.
Como a maioría de contos populares, ten bos e malos ben delimitados e o «malo» sofre un correctivo severo..