A lectura de Un polbo xigante tivo lugar na Real Academia Galega o día 27 de outubro de 1999. Interviu na presentación do acto Silvia Gaspar. A cinta coa gravación foi unha doazón de Xosé María Dobarro ó Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega. No acto, Carlos Casares leu o conto e dialogou co público sobre a súa xénese.
No 2000, a editorial Galaxia publicou " este coidado libro co CD coa gravación do acto e con belas ilustracións de Luís Castro Enjamio.