Puntuación: 1.9/5 (40 votos)
“Dime, avó, onde está a avoa?
Iso, meu neniño... Hai quen di que está baixo a terra, cos vermes e coas miñocas... Mira ti! Co medo que lle daban a ela os bichos!
Outros pensan que está alá arriba. Voando entre as nubes... Cos seus oitenta e cinco quilos! Ho! Ho! Ho!
Pero, eu ben sei... que non está tan lonxe!”
A eterna pregunta que todos nos facemos nos primeiros anos da infancia, sobre a onde van as persoas cando morren, é o tema central deste álbum. Pero esta obra é especial, non só pola ternura que transmite a historia, senón tamén pola orixinalidade da súa proposta estética, elaborada cunha técnica mixta a base de collage e figuras en relevo elaboradas con materiais de metal, madeira e tea.
Avó e neto comparten o seu tempo no xardín, o espazo preferido da avoa da familia e ande a lembran. Christian Voltz logra o xeito de plasmar a súa presenta: con trazos de valor etéreo e tamén mediante o símbolo material dunha bolboreta, que lles acompaña, lles axuda a realizar as tarefas cotiás e, sobre todo, lles protexe...
Un libro que transmite elegancia e delicadeza pola maneira coa que explica un tema tan sensible, pola súa normalidade, pola sinxeleza coa que aborda algo tan real como a vida mesma. Cunha gran beleza estética e unha pincelada de humor, "A caricia da bolboreta" contribúe á aceptación da morte e da ausencia de quen nos deixa, pero que permanece para sempre no noso corazón.
[Presentación editorial]