Puntuación: 2.3/5 (51 votos)
“Que fas sentado nesa caixa?
Non é unha caixa.
Por que estás subido na caixa?
Non é unha caixa!”
LIBRO DE HONRA DO PREMIO THEODOR SEUSS GEISEL 2007
Unha caixa é xustamente unha caixa... a menos que non sexa unha caixa. Dende unha montaña ata un cohete espacial, o coelliño desta historia demóstralles aos lectores que unha caixa poder ser todo aquilo que lles permita a imaxinación.
Este álbum foi calificado en 2007 como Libro de Honra polo comité do Premio Theodor Seuss Geisel, que se Ile concede ás mellores obras infantís publicadas en Estados Unidos, en homenaxe a este coñecido autor, que dicía que os cativos buscan o mesmo que os adultos: "Rir, cambiar, entreterse e gozar". Tamén foi nomeado como Libro Distinguido pola Asociación Americana de Bibliotecas e incluído pola Biblioteca Pública de Nova York na lista "Un dos con libros para ler e compartir".
A autora recrea unha experiencia da súa nenez, cando sentaba coa súa irmá sobre unha caixa que había de camiño á súa casa. Cómpre seguir potenciando esa economía de recursos de antano: sen a penas nada co que enredar, os cativos poden converter o máis sinxelo dos obxectos no máis marabilloso dos xoguetes.
Trátase dun álbum curioso e interesante, tanto polo contido como pola presentación, xa que as cubertas imitan a textura, a cor e a aparencia das caixas de cartón, incluídas as indicacións sobre a correcta posición do bulto. A autora emprega unha liña argumental moi sinxela, de frases curtas e directas, a modo de diálogo entre o protagonista e unha voz omnisciente que o interroga sobre a utilidade da súa caixa.
As ilustracións destacan polos trazos básicos, expresivos e polo xogo de cores e perspectivas. O máis chamativo é a maneira de representar a nivel artístico o xogo que se establece entre o plano da realidade e o da ficción: a imaxe imaxinaria superponse sobre a orixinal, ofrecéndolle ao lector unha mirada distinta. Así, o que parece ser unha simple caixa convértese ao paso de cada páxina, nun obxecto diferente: coche de carreiras, robot, edificio en chamas e un sinfín de causas máis.
Os lectores tamén poderán familiarizarse cos conceptos básicos do espazo: arriba-abaixo, diante-atrás, dentro¬fóra, horizontal-vertical. Un libro que invita a explorar novas mundos; que favorece a imaxinación, a interacción e o intercambio de ideas entre nenos e adultos.
[Presentación editorial]