Puntuación: 1.9/5 (75 votos)
Versos a Compostela reúne por vez primeira –e en edición bilingüe– os poemas nos que a cidade de Santiago é o referente lírico e existencial de Rosalía de Castro (1837-1885).
Nestas páxinas gozaremos da poeta en estado puro: intimista, moderna e turbadora.
Xunto aos versos, antigas fotografías dun Santiago contraditorio, de “sombras queridas” mais tamén de “sombras odiadas”.
A escritora e profesora Helena Villar Janeiro (presidenta da Fundación Rosalía de Castro) é a responsable da edición literaria e tradución dos textos de Versos a Compostela, mentras que Xesús Rábade Paredes asina un clarificador estudo introdutorio.
O RETRATO INÉDITO DE FENOLLERA
Esta edición enriquécese, así mesmo, coa recuperación dun retrato inédito de Rosalía: o busto realizado arredor de 1904 polo pintor José María Fenollera. O orixinal está perdido e unha copia foi exposta por vez primeira en 1985 no escaparate do fotógrafo Guitián, na Rúa do Vilar, en Santiago de Compostela.
Este novo volume (o número 8) da Colección Rescate aparece publicado en co-edición co Consorcio de Santiago.
[Presentación editorial]