Puntuación: 1.9/5 (77 votos)
Libro que recolle o conto gañador do Premio Ourense de Contos para a Mocidade así como os catro accésit da súa 24ª edición, convocado pola Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense, co patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense e a Delegación Provincial da Igualdade e do Benestar, como contribución á festa do Día das Letras Galegas.
Xerardo Neira, santiagués de 29 anos, é o autor de “O asegurador de ovnis”. É un conto ameno, fácil de ler, que mestura o mundo real como é a busca dun traballo, a dureza do mundo laboral e a realidade das compañías de seguros, cun mundo ficticio como a chegada dos extraterrestres á terra, e faino cunha historia que consegue enganchar ao lector ata un final moi ben resolto.
Tamén se publican os catro accésit, de Alba Cid, de Ourense, co conto “Na febra da miña trampa”; de Rocío Leira Castro, de Cee, A Coruña, a obra “Folerpas de neve negra”; de Mario Otero Iglesias, do Corgo, Lugo, o conto “A chave dos soños”; e de Andrés Ocampo Lourido, de Ourense, con “Loucura” —este último, dentro do apartado de menores de 18 anos—.
[Presentación editorial]