A novela gañadora do García Barros 2003, premio organizado polo Concello da Estrada, é un apaixonante thriller, unha novela de trama policial protagonizada por un xomalista e concibida cunha vontade de estilo posta ao servicio da narración. Destaca pola súa capacidade para captar o interese do lector e pola extraordinaria recreación de ambientes e personaxes da época na que se desenvolve: a burguesía industrial, a bohemia literaria e os medios de comunicación durante a Segunda República. O autor tensa maxistralmente a corda do suspense nunha historia trepidante que acaba por fascinar os lectores.
A novela de Xabier López López iníciase no balneario de Mondariz, onde se vai celebrar unha
voda da alta sociedade da época. A partir dun dobre asasinato desátase unha cadea de acontecementos que han levar a Sebastián Faraldo, xomalista obeso e sentimental, a intentar clarexar toda unha lea de intereses e paixóns ocultas. O protagonista percorrerá diferentes escenarios: en Madrid, os baixos fondos e os cafés literarios; en Bilbao vai topar co lado escuro da industria siderúrxica; en Pontevedra e Vigo terá que loitar contra a incomprensión e a intolerancia dos poderes públicos e da prensa. [presentación editorial]