Puntuación: 1.8/5 (39 votos)
"Todas as mañás, o señor Abellón saía da súa casa cun abrigo enorme. Levaba algo agachado, pero non dabamos visto o que era porque, en canto saía
pola porta, liscaba rúa abaixo a toda présa.
Polas tardes, cando volvía á casa, o abrigo seguía tan avultado como pola mañá..."
Este libro contén as cualidades básicas que, segundo Jeannette Jenning, caracterizan ao bo álbum infantil: contribúe a desenvolver a curiosidade e a imaxinación dos máis novos. Un personaxe algo excéntrico chama a atención dun grupo de nenos, que se propoñen desvelar o seu segredo. Baixo o seo abrigo ocúltase algo misterioso que se move e emite estraños ruídos. O obxectivo é saber que e por que.
A este relato intrigante engádese unha proposta estética que destaca polo carácter panorámico das ilustracións, dotadas de sensación de perspectiva e profundidade. As accións transcorren nunha gran variedade escenarios interiores e exteriores. Cada imaxe envolve ao lector nunha atmosfera cálida, luminosa, de cores suaves e trazos detallistas.
Trátase dun libro de textos breves e sinxelos, no que a lectura visual ten moita importancia, para que o lector se recree na exploración das ilustracións e, a través delas, e do seu innato poder de observación, chegue ao fondo da historia. En cada páxina xorden pistas que non Ile pasarán desapercibidas: algo que asoma polo peto, unhas patas a ras do chan, unha cola enroscada que sae entre os botóns...
O momento de maior expectación e tensión argumental coincide cunha arriscada misión de rescate na que os nenos amasan o seu lado máis solidario co señor Abehón. O personaxe que espertara neles o seu espírito detectivesco estaba en apuros e corren na súa axuda, o que fará que entre eles naza a amizade. Así é como vencen o seu receo inicial para converterse en cómplices da súa discreta misión, unha boa causa que cativará aos lectores, especialmente os afeccionados aos animais.
[Presentación editorial]