Puntuación: 2.0/5 (82 votos)
Información e noticia de xornalistas: homes e mulleres que, dende a opinión e a información, participaron na construción da Galicia moderna. Olladas complementarias. Dende o primeiro deles, Manuel Pardo de Andrade (1760-1832) a Álvaro Cunqueiro (1911-1981).
O xornalismo é un dos discursos que constrúen a historia das colectividades. Na conformación política e social da Galicia moderna, o xornalismo e os xornalistas (homes e mulleres) aparecen coma un elemento activo de enorme significación, espello das ansias e das frustracións colectivas, crónica de entusiasmos e traballos, esperanzas e rexurdimentos. Velaquí vinte estampas ou ensaios que por primeira vez nos permiten ordenar o discurso dunha profesión rica, apaixonante, na que se reflicten as grandezas e as miserias do país.
Un equipo de especialistas, coordinados pola Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega, abordan o estudo de vinte personalidades do xornalismo galego, dende Manuel Pardo de Andrade, director do primeiro xornal moderno, Diario de La Coruña (1808), ata os máis contemporáneos: Víctor Casas, Wenceslao Fernández Flórez, Sofía Casanova, Luís Seoane, Julio Camba, Concepción Arenal, Johán Carballeira, Antón Villar Ponte, Ánxel Fole, Ben-Cho-Shey...
[Presentación editorial]