Puntuación: 1.5/5 (30 votos)
A escritura persoal, única e inimitable de Camilo Gonsar lévanos desde Reikiavik, onde
dous galegos coinciden ao trocaren moeda nun banco, á cantina solitaria dunha estación da
Galicia interior, na que se reúnen tres amigos para illarse da mediocridade e tentar fuxir dunha vida monótona e predicible. Lor, o protagonista da novela, é un galego que sendo mozo abandona a vila natal para dedicarse a percorrer o mundo. A noite da aurora cóntanos as razóns que o obrigan a escoller unha vida errática, de aventureiro, no canto de aceptar unha existencia doada e sen riscos.
A potencia evocadora da prosa de Camilo Gonsar, o seu dominio do diálogo e a perspica-
cia das súas intuicións compleméntanse cun marabilloso retrato dos personaxes no marco da
capital de Islandia, cidade que se describe cunha sinxeleza plástica abraiante. Novela sobre o desarraigo, A noite da aurora é a historia dunha amizade, dun amor apenas iniciado e dunha
decisión: abandonar a propia patria. Reflexión xenial sobre o destino, esta obra é unha mostra excepcional de sabedoría narradora.
[presentación editorial]